Servizos
Osteopatía e Fisioterapia
Entendemos ao ser humano dende un punto de vista global, onde todo o seu corpo está interconectado. Baixo esta premisa, tratamos de facer unha valoración completa de todo o que poida estar influíndo na patoloxía que se nos presenta en consulta.
A osteopatía e a fisioterapia poden axudarnos a tratar diversas patoloxías do sistema musculoesquelético (dor de costas coma lumbalxias, escordaduras, tendinose, etc.), disfuncións a nivel visceral (estrinximento, mala dixestión, refluxo, etc.) e do sistema nervioso coma dores de cabeza.
A OMS lembra que debemos ver a saúde como un estado de benestar físico, pero tamén mental e social, e non só como a ausencia de enfermidade. Esta é unha definición de saúde coa que non poderiamos estar máis de acordo, demostrando unha vez máis que son múltiples os factores que poden influír nas dores que aparecen no noso organismo (estrés, alimentación incorrecta, mal descanso nocturno, problemas familiares e/ou laborais, etc.)
Osteopatía pediátrica
Adestramento persoal e rehabilitación de lesións
A mellor forma de acadar os teus obxectivos é cun adestramento planificado, personalizado, adaptado ás túas necesidades e guiado por un profesional do deporte.
Podemos axudarche, sexa cal sexa o teu obxectivo.
-
Optimización do rendemento deportivo.
-
Prevención e readaptación de lesións.
-
Perda de peso.
-
Mellora da túa calidade de vida.
-
Espalda sana.
-
Adestramento para maiores.
-
Adestramento para nenos.
-
Embarazo e posparto.
-
Preparación física para oposicións.
Para conseguilo, ofrecémosche diferentes alternativas:
-
Adestramento individual ou en parella.
-
Adestramento en grupos reducidos (3 – 5 persoas).
-
Adestramento a domicilio.